Concurso de receitas

O próximo día 22 de abril Media Laranxa fai un ano e queremos celebralo con todos vós. Por iso, ocorréusenos a idea de que esta vez sexades vós os que nos sorprendades coas vosas receitas. Apetécevos?

Como participar:
Envía a túa receita acompañada dunha foto a medialaranxareceitas@gmail.com antes do 22 de abril e a gañadora será publicada nas RR. SS. de Media Laranxa.

Bases:
A receita pode ser dunha sobremesa, de peixe, de carne, do que queirades. O único requisito é que estea escrita en galego. Valorarase a calidade da lingua e a orixinalidade da foto.
.
🏆 Sorte! A receita gañadora será publica o día 23 de abril.

GAÑADORAS DO CONCURSO

Velaquí está a resolución do 1º Concurso de receitas de Media Laranxa! Moitísimas grazas a todas por participardes e parabéns ás ganadoras. E sen máis dilación estas son as receitas gañadoras:

1º Premio: Torta Larpeira de María Belén Couto

2º Premio: Albóndegas veganas de arroz e garavanzos con puré de patacas de Belén Pedreño

3º Premio: Torta de queixo do Cebreiro con xelatina de marmelo de María Dolores Vélez

Accésit: Rolos de filloas con salmón de Belén Martín Franco

Cómpre facer unha mención especial ao alumnado do IES Leiras Pulpeiro que se animou a participar tamén no concurso. Desde Media Laranxa queremos darlles as grazas e parabenizalos polo seu ben facer o polo compromiso que demostran todos os días nas aulas pola nosa lingua.

Eva Díaz García preparou un Rosco de Laranxa que devecemos por probar.

Diana Reija Fernández anímanos a preparar unha Torta de queixo ao estilo Diana. Con esta pinta imposíbel dicir que non!

Andrés Martín deleitounos cunha Torta xeada de biscoitos, queixo e carambelo que está para lamber os dedos.

E a última das receitas, mais non por iso a menos saborosa é a dos Coquiños de Marta Vázque Saavedra.