Categorías
Sobremesas

Panna Cotta

Hoxe viaxamos por Italia con este doce.

Sabías que se traducimos literalmente panna cotta do italiano, significa “nata cocoda”? Trátase dun doce típico da rexión italiana do Piemonte que se semella ao flan, mais cun sabor moito máis lácteo e cunha textura máis parecida á da xelatina. Está ben bo, así que aquí tedes a receita!

Ingredientes (4-6 porcións): ⁠

  • ½ litro de nata
  • 200 ml de leite
  • 100 gr de azucre
  • Unha rama de canela e a casca dun limón (opcional) ou unha culleriña de extracto de vainilla para aromatizar
  • Un sobre de xelatina neutra en po (10 gr) ou 6 follas de xelatina neutra

Preparación:⁠

1. Fervemos a nata co azucre, a canela e o limón (ou a vainilla). Apartamos do lume cando rompa a ebulición.
2. Quentamos o leite e disolvemos a xelatina seguindo as indicacións do paquete. Engadimos a mestura á nata e remexemos todo.
3. Vertemos a nosa crema en moldes e deixamos arrefriar na neveira. Podemos decorar a nosa panna cotta con marmelada de framboesas, por exemplo, ou coa froita que máis nos guste.

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *