Ingredientes :
🔸 5 mazás medianas tipo Golden
🔸 130 g de fariña
🔸 60 g de azucre
🔸 50 g de manteiga ou AOVE
🔸 100 ml de leite
🔸 2 ovos
🔸 1 sobre de lévedo en po
Preparación:
1. Mondamos e cortamos as mazás en anacos pequenos.
2. Mesturamos os ovos, a fariña, o azucre e o lévedo. A seguir, incorporamos o leite e batemos. Por último, engadimos a manteiga fundida ou o aceite, e mesturamos todo.
3. Cando teñamos a nosa masa feita, vertémola sobre os anacos de mazá, removemos e deixamos que se impregnen ben.
4. Botamos a nosa mestura nun molde e alisamos a parte superior.
5. Enfornamos a 180º durante 50 minutos e listo. Bo proveito! 😉
🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala nas redes co cancelo #medialaranxa !!