Brownie de garavanzos

Ingredientes : ⁠

🔸 400 g de garavanzos cocidos
🔸 40 g de cacao en po
🔸 100 g de dátiles sen oso
🔸 3 culleradas de mel
🔸 100 ml de leite ou bebida vexetal
🔸 Dous ovos
🔸 ½ cullerada de extracto de vainilla
🔸 8 g de lévedo en po
🔸 100 g de chocolate negro
🔸 50 g de noces (opcional)
🔸 Un chisco de sal

.⁠
👉 Preparación:⁠
.⁠
1. O primeiro paso é poñermos os dátiles no vaso do batedor xunto co leite e os ovos. Trituramos até que se forme unha crema densa. Se callar, é mellor pór os dátiles e remollo uns minutos para que non estean duros.
2. Escoamos os garavanzos e botámolos no vaso do batedor xunto co cacao, a vainilla, o lévedo e o sal. Triturarmos de novo uns minutos até obtermos unha masa homoxénea e sen bolos.
3. De botármoslle noces, é o momento de incorporalas á masa.
4. Finalmente, vertemos a masa nun molde rectangular forrado con papel vexetal e enfornamos durante 40 minutos a 180ºC.
5. Cando estea listo o noso brownie, sacámolo do forno e deixámolo arrefriar no propio molde.
6. Podédelo decorar con pebidas de chocolate, chocolate fundido, froitos silvestres… Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala nas redes co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario