Ingredientes :
🔸 100 g de soia texturizada
🔸 1 pemento verde
🔸 1 pemento vermello
🔸 1 cebola
🔸 1 presada de olivas
🔸 5 culleradas de salsa de soia
🔸 Sal e aceite
🔸 1 paquete de obleas
Preparación:
1. Antes de máis, poñemos a remollo a soia texturizada seguindo as instrucións do paquete.
2. A continuación, rustrimos a cebola e, cando estea transparente, engadimos os pementos cortados en anacos pequenos e deixamos que se faga todo ben.
3. Cando teñamos a verduras feitas, incorporamos as cinco culleradas do mollo de soia e a soia texturizada, e salpementamos. Removemos e deixamos cocer uns minutos.
4. Sacamos o recheo da tixola e engadimos as olivas.
5. Poñemos a prequentar o forno a 200º e mentres agardamos, facemos as nosas empanadillas. Cómpre pasarlle un pincel impregnado de aceite por riba para que non queden secas.
6. Enfornamos a 200º durante 20 minutos ou até que fiquen douradas e listo. Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala nas redes co cancelo #medialaranxa !!