Madalenas de cenoria

Ingredientes : ⁠


🔸 150 g de fariña integral
🔸 250 g de cenoria relada
🔸 2 ovos
🔸 1 iogur natural
🔸 50 ml de AOVE
🔸 50 g de azucre
🔸 1 cullerada de esencia de vainilla (opcional)
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 1 chisco de sal


Preparación:⁠

1. O primeiro paso é prequentarmos o forno a 180ºC.
2. Mentres agardamos, mesturarmos todos os ingredientes líquidos, isto é, os ovos, o aceite, a esencia de vainilla e o iogur, co azucre. Cando teñamos todo batido, incorporamos a cenoria relada e remexemos ben.
3. A seguir, mesturamos a fariña co lévedo e engadímolo, pouco a pouco, á nosa masa.
4. Vertemos a masa das madalenas en moldes e enfornamos a 180º durante media hora.
5. Deixamos que arrefríen antes de sacalas do molde e listo. A gozar!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala nas redes co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario