Palmeiras de canela


Ingredientes : ⁠

🔸 1 lámina de masa de follado
🔸 1 cullerada de azucre
🔸 2 culleradas de canela


Preparación:⁠

1. O primeiro paso é prequentarmos o forno a 200ºC.
2. Estiramos a masa de follado sobre papel de forno e esparexamos o azucre e a canela. Dobramos os laterais o até que nos queden dous rolos do mesmo tamaño.
3. Con axuda dun coitelo, cortamos a masa en rodas e dispómolas sobre unha bandexa do forno ben separadas as unhas das outras, xa que duplicarán o seu tamaño e non queremos que se peguen.
4. Paso opcional: Se queremos que nos fiquen brillantes, batemos un ovo e, con axuda dun pincel de cociña, pintamos as palmeiras.
5. Enfornamos durante 10-12 minutos ou até que fiquen douradas. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala nas redes co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario