Albóndegas de garavanzos

Ingredientes: ⁠

🔸 3 cuncas de garavanzos (aprox. 380 g.)
🔸 1/2 cebola
🔸 4 dentes de allo
🔸 3 culleradas de fariña de avea
🔸Sal e pementa


Preparación:⁠

1. Cocemos os garavanzos e, unha vez fríos, esmagámolos até obtermos unha textura suave e pastosa.
2. Nunha tixola, rustrimos a cebola e o allo moi picadiños.
3. Misturamos o rustrido e a pasta de garavanzos xunto coa fariña de avea. A seguir, salpementamos e incorporamos as especias que quixermos. (Se consideras que a masa está demasiado seca, podes incorporarlle unha ou dúas culleradas de auga)
4. Dámoslle forma de albóndegas, rebozámolas en ovo e pan relado e fritímolas en #AOVE.
5. Bótamoslle salsa de tomate e eu acompañeinas de arroz. Ñaaaam 😊

🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario