Croquetas de cabaza

Ingredientes⁠:

🔸 A túa bechamel favorita
🔸 1/2 cabaza
🔸 1 ovo
🔸 Pan relado

Preparación:⁠

1. Mondamos a cabaza, quitámoslle as pebidas, cortámola en anacos e enfornamos a 200ºC durante aproximadamente 35-40 minutos.
2. Unha vez asada, picámola en anaquiños e mesturámola coa salsa bechamel.
3. Dámoslle forma as croquetas, rebozámolas en ovo e pan relado e fritimos. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas areceita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario