Croquetas de espinacas

Ingredientes: ⁠

🔸 200 g de espinacas
🔸 1 cebola
🔸 2 dentes de allo
🔸 50 g de AOVE
🔸 50 g de fariña
🔸 50 ml de leite
🔸 Ovo e pan relado
🔸 Pementa, noz moscada e sal


Preparación:⁠

1. Cortamos as espinacas, a cebola e os dentes de allo en anacos pequenos e rustrímolos.
2. Nunha tixola, botamos o aceite e, unha vez quente, engadimos a fariña e removemos todo o tempo cunha culler de madeira. Deixamos que a fariña se torre un pouco e incorporamos aos poucos o leite até obtermos unha bechamel sen bolos de fariña.
3. Agregamos as espinacas á bechamel e salpementamos ao gusto, sen esquecérmonos da noz moscada.
4. Deixamos arrefríar a masa e dámoslle forma ás croquetas.
5. Rebozámolas en ovo e pan relado e frítense. Non te esquezas de escoalas sobre papel absorbente para quitarlles o exceso de aceite.
6. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario