📝 Ingredientes:
🔸2 ovos
🔸80 ml de bebida vexetal ou leite
🔸60 gr de fariña
🔸30 gr de espinacas frescas
🔸AOVE, pementa negra, sal e ourego
👉 Preparación:
1. Trituramos todo xunto durante 30 segundos a máxima potencia.
2. Cociñamos a lume medio e cando empecen a aparecer uns buraquiños na superficie, dámoslle a volta á filloa.
3. Casca o ovo enriba da filloa e, coa axuda dunha espátula, dobramos as esquinas.
4. Tapamos a tixola e deixamos que se faga durante 5-6 minutos.
5. Bo proveitooooo! ☺️
🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!
2 respostas en “Filloas de espinacas”
Deliciosa! Eu fíxena con cimos, aproveitando os últimos… Engadinlle queixo “Galmesano”, a versión galega do parmesano.
Moi boa receita. Parabéns.
Moitas grazas, Belén! Apuntamos o do queixo para a proxima.