Ingredientes:
🔸200 g de lentellas
🔸 Caldo de verduras
🔸 150 g pan relado
🔸 1 cenoria
🔸 1 dente de allo
🔸 1 cebola
🔸 1 ovo
🔸 ½ culleriña de ourego seco
🔸 1 presada de pirixel fresco
🔸 Sal
Preparación:
1. Cócense as lentellas co caldo de verduras.
2. Rústrese o allo e a cebola cun pouco de AOVE e, a seguir, agrégase a cenoria relada.
3. Tritúranse nunha procesadora as lentellas, previamente escoadas, xunto co rustrido, as herbas aromáticas, o pan relado, o ovo e un chisco de sal, até obter unha pasta doada de moldear.
4. Fórmanse as hamburguesas e rebózanse en pan relado.
5. Engráxase unha fonte de forno con AOVE e enfórnanse as hamburguesas durante 30 minutos ou até que se douren a 220ºC.
6. Hamburguesas de lentellas listas! Bo proveito!😉
🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!