Mexillóns á mariñeira

Ingredientes (para catro persoas):⁠

🔸 2 quilos de mexillóns
🔸 2 follas de loureiro
🔸 1 cebola
🔸 1 cullerada de perexil picado
🔸 3 culleradas de fariña
🔸 1 cullerada de pemento doce
🔸 1 vaso de viño branco
🔸 3 vasos de caldo da cocción dos mexillóns
🔸 Sal e AOVE


Preparación:⁠

  1. Antes de máis, limpamos os mexillóns e cocémolos en auga con sal e coas follas de loureiro. Saberemos que están listos cando se abran.
  2. Mentres agardamos a que os mexillóns se fagan, collemos unha tixola cun pouco de aceite e douramos a cebola picada. Cando a cebola estea lista incorporamos o perexil picado e a fariña, e deixamos que se toste.
  3. A seguir, engadimos pouco a pouco a auga da cocción, o viño e o pemento doce. Deixamos cocer todo uns 10 minutos e cando teñamos a salsa do espesor desexado, poñémola nun recipiente alto e triturámola co batedor. Desta forma, teremos un mollo máis suave sen anaquiños de cebola.
  4. Por último, quitámoslle unha das cunchas aos mexillóns, poñémolos nunha cazola e vertemos o mollo sobre eles. Deixamos que coza todo uns minutos e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas a receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario