Ñoquis

Ingredientes: ⁠

🔸 1 kg de patacas
🔸 100 g de fariña
🔸 2 xemas
🔸 Sal
🔸 1/2 culleriña de noz moscada


Preparación:⁠

1. Cocemos as patacas coa monda uns 20-25 min. Pelámolas e ben as esmiuzamos cun garfo, ben as pasamos polo pasador de puré.
2. Para prepararmos a masa, engadimos as xemas, un chisco de sal e a noz moscada. Incorporamos a fariña aos poucos até obtermos unha mestura homoxénea.
3. Dividimos a masa en pequenas porcións e coa axuda dun garfo, dámoslle a súa forma característica.
4. Pomos auga ao lume e cando ferva, botamos os ñoquis á pota. É importante facelo por quendas e cando os ñoquis suban á superficie, será o momento de sacármolos cunha escumadeira.
5. Servímolos acompañados do mollo que máis nos guste. Eu escollín salsa de tomate, mais tamén vale pesto, boloñesa, bechamel… Bo proveito! 😉

🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

1 comentario sobre “Ñoquis”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario