Pauíños crocantes

Ingredientes: ⁠

🔸 400 g de fariña integral
🔸 5 g de lévedo seco de panadeiro ou 15 g de lévedo fresco
🔸 250 ml de auga morna
🔸 40 g de AOVE
🔸 Sal

Preparación:⁠

1. Mesturamos todos dos ingredientes até obtermos unha masa.
2. Deixamos repousar unha hora e amasamos de novo.
3. Con axuda dun rolete, estiramos a masa e cortamos tiras finiñas para darlle forma aos nosos pauíños.
4. Enfornámolos a 180ºC uns 10-15 minutos ou o até que fiquen crocantes.
5. Se queredes a versión con chocolate, derretemos chocolate ao baño maría e bañamos os nosos pauíños. Colocámolos nunha bandexa e metémola no refrixerador (20 minutos) para que o chocolate endureza e listo. Bo proveito!


🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario