Categorías
Verduras

Quiche de brócoli

📝 Ingredientes:⁠
.⁠
🔸 Un brócoli
🔸 Seis ovos
🔸 Unha cullerada de mostaza
🔸 300 gr de queixo (o que máis che guste)
🔸 Tres culleradas de pesto vermello
🔸 Un paquete de masa filo
🔸 Sal e pementa

.⁠
👉 Preparación:⁠
.⁠
1. Antes de máis, prequentamos o forno a 180°C.
2. O primeiro paso é facermos o recheo. Para iso, cortamos o tallo do brócoli e desbotámolo, o resto relámolo ou pasámolo pola trituradora.
3. Batemos os ovos e mesturámolos coa mostaza, o queixo relado, o brócoli e salpementamos.
4. Diluímos o pesto con tres culleradas de auga e pincelamos as láminas de masa filo que iremos superpoñendo nun molde desmontable engraxado.
5. Vertemos o noso recheo e decoramos con algún ramallete de brócoli. Enfornamos a 180 °C durante 50 minutos e listo! Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *