Solombo envolto en xamón

Ingredientes:

⁠🔸 1 solombo de porco
🔸 10 liscos de xamón curado

Preparación:⁠


1. Cortamos o solombo en rodas de 2 cm aproximadamente.
2. Envolvemos as rodas co xamón. Para que os liscos non se despeguen do solombo, suxeitámolos cun escarvadentes.
3. Podemos engadirlle pementa ou as especias que queiramos, mais non é preciso engadirlle sal, porque a salgadura do xamón intensificarase coa calor e daralle ese sabor tan característico ao solombo.
4. Nunha tixola cun pouco AOVE, asamos as rodas. Para que a carne fique no seu punto, deixamos que se pase ben por un lado, dámoslle a volta e só deixamos que se sele para que non salgan os fluídos e non quede seco.

🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario