Categorías
Sobremesas Vegano

Torta fría de manga e coco

📝 Ingredientes:

Base:
🔸70 gr de froitos secos (anacardios, abelás, améndoas…).
🔸20 gr de flocos de avea.
🔸80/100 gr de dátiles.
🔸40 gr de aceite de coco.

Capa de coco:
🔸300 gr de queixo fresco batido (ou leite de coco se queres a versión vegana).
🔸500 ml de leite de coco (dous vasos).
🔸100 gr de coco relado.
🔸10 g de agar agar en po (2 culleriñas rasas).

Capa de manga:
🔸300 gr de polpa de manga.
🔸500 ml de auga.
🔸10 g de agar agar en po (2 culleriñas rasas).


👉 Preparación:

1. Preparamos primeiro a base da torta. Para iso, trituramos os froitos secos, a avea e os dátiles. Engadimos o aceite de coco derretido e mesturámolo ben. Vértese a mestura nun molde redondo e facemos presión sobre a masa para que fique compacta. Reservámola na neveira.
2. A seguir, preparamos a capa de coco. Mesturamos nun procesador de alimentos o leite de coco, o queixo fresco batido e o coco relado. Quentamos a mestura nun cazo até que comece a ferver, e nese momento incorporamos o agar agar en po. Removemos durante uns minutos. Vertemos o contido con coidado sobre a base. Arrefriámola unhas dúas ou tres horas até que calle.
3. Finalmente, só queda a derradeira capa. Trituramos a polpa da manga coa auga. Facemos o mesmo que coa capa anterior para incorporar o agar agar: fervemos a mestura nun cazo, engadimos o agar agar e removemos uns minutos. Vertemos sobre a capa de coco xa callada con coidado e refrixerámola unhas catro horas, mellor toda a noite.

🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *