📝 Ingredientes:
🔸 500 gr de feixóns negros
🔸 250 gr de chourizos
🔸 250 gr de solombo
🔸 250 gr de touciño
🔸 300 gr de costela de porco
🔸 Un chisco de sal
🔸 Un pemento vermello
🔸Un pemento verde
🔸 Unha cebola
🔸 Dous dentes de allo
🔸 Un tomate
🔸 Arroz (para acompañar)
👉 Preparación:
- Antes de máis, deixamos en remollo os feixóns durante a noite.
- O primeiro paso é cocer os feixóns. Para iso, botámolos nunha pota e cubrímolos con tres dedos de auga, mais ou menos. Poñémolos a cocer durante 20 min.
- A seguir, selamos nun tixola a carne e reservamos.
- Facemos un sofrito cos allos, a cebola, os pementos e o tomate. Cando estea listo, botamos os feixóns e a carne. Engadimos máis auga se for necesario e deixamos que se coza todo a lume baixo uns 45 minutos. Cómpre non nos esquecer de salpementar.
- Saberemos que está no seu punto, cando os feixóns estean brandiños e teñamos un caldo cremoso.
- Bo proveito!
🍊 Se fas esta receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!