Categorías
Entroido Sobremesas

Filloas

📝 Ingredientes:⁠

🔸 250 ml de leite
🔸 250 ml de auga
🔸 Catro ovos
🔸 Unha cullerada de canela en po (opcional)
🔸 Un chisco de sal
🔸 Unha cullerada de azucre
🔸 Fariña (a que admita)
🔸 Touciño (de non o ter, vale aceite de oliva)


👉 Preparación:⁠

1. Batemos os ovos co azucre, a canela e o sal. A seguir, mesturámolo co leite e coa auga. Pouco a pouco imos incorporando a fariña até obtermos unha masa solta.
2. Deixamos repousar un anaco e se ten grumos, pasamos a masa por un coador.
3. Poñemos a filloeira ao lume e se non temos unha, non pasa nada. Collemos unha tixola e listo! Frotamos a superficie da filloeira con touciño e de non o termos, pasámoslle un papel de cociña impregnado de aceite. É importante usar o papel, porque se botamos o aceite directamente, as filloas quedarán moi graxentas.
4. Cando a filloeira/tixola estea quente botamos unha capa delgada de masa e cando estea dourada, dámoslle a volta. Darlle a volta ás filloas sen queimarse os dedos é un arte e o segredo está na práctica. 😉
5. Lembra que antes de poñelas todas xuntas nun montón, teñen que arrefriar. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *