Bica branca con crema inglesa
.
📝 Ingredientes para a bica:
.
🔸 Oito claras
🔸 350 ml de nata
🔸 350 gr de fariña
🔸 200 gr de azucre
🔸 Reladura dun limón (opcional)
🔸 Canela (opcional)
.
📝 Ingredientes para a crema inglesa:
.
🔸 Oito xemas
🔸 600 ml de leite
🔸 Un pau de canela
🔸 200 gr de azucre
.
👉 Preparación:
.
- Para a bica, primeiro batemos as claras a punto de neve con 150 gr azucre. A seguir, incorporamos a fariña, previamente peneirada, con movementos envolventes. Se quixermos, podemos engadir a reladura do limón.
- Por último, engadimos a nata montada con movementos envolventes para que non perda aire a nosa masa.
- Vertemos a masa nun molde engraxado ou con papel vexetal e empoamos por riba con 50 gr de azucre restante e, se quixermos, canela.
- Enfornamos a 180ºC durante 45 minutos.
- Para facer a crema inglesa, poñemos o leite a ferver coa metade o azucre e coa canela para que emulsione. Mentres batemos as xemas co azucre.
- Cando o leite este emulsionado, deixamos que arrefríe un pouco e vertémolo sobre as xemas pouco a pouco. Despois, botamos a crema nun cazo a lume medio até que espese. É importante que non ferva. Así que teremos que estar uns cinco minutos dando voltas até que colla a espesura de crema.
- Servimos a bica sobre a crema inglesa e listo Bo proveito!
.
🍊 Se fas esta receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa !!