Flan de plátano e mel


Ingredientes (para catro flans):

🔸 2 plátanos maduros
🔸 2 iogures gregos naturais
🔸 1 vaso de leite ou bebida vexetal
🔸 1 cullerada de mel (se o mel é forte, media cullerada)
🔸 4 follas de xelatina neutra


Preparación:⁠

1. Hidratamos en auga ben fría as follas de xelatina e, mentres, quentamos a bebida vexetal. De a xelatina estar hidratada, engadímola á bebida vexetal e revolvemos até que se disolva.
2. A seguir, engadimos o iogur, a cullerada de mel e o plátano en anacos. Batemos todo e vertemos a mestura en moldes individuais.
3. Metémolos na neveira mínimo dúas horas.
4. Podemos decorar con máis mel e reladura de coco. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario