Canelóns de cogomelos

Ingredientes:⁠

🔸 2 cebolas pequenas
🔸 2 dentes de allo
🔸 2 allos porros
🔸 750 g de cogomelos ou champiñóns
🔸 75 g de fariña
🔸 1 litro de leite
🔸 120 g de queixo cheddar
🔸 250 g de pasta para canelóns
🔸 Noz moscada, pementa e sal

Preparación:⁠

1. Prequentamos o forno a 180°C.
2. Picamos a cebola, o allo e o allo porro en anacos finiños e rutrímolos nunha tixola cun pouco aceite. Cando estean case feitos, incorporamos os cogomelos picados nunha procesadora e deixamos que se fagan.
3. Para facermos a bechamel que cubrirá os canelóns, pomos nunha cacerola tres culleradas de AOVE. Cando estea quente, incorporamos a fariña e deixamos que se torre. A seguir, engadimos o leite pouco a pouco sen parar de remexer. Salpementamos ao noso gusto sen esquecermos a noz moscada.
4. Vertemos un pouco de mollo sobre unha bandexa e facemos os canelóns. Despois, engadimos por riba o resto da bechamel, botamos queixo e enfornamos até que se gratine. Bo proveitooooo! ☺️

🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario