Lentellas ao estilo Olga

Ingredientes para 8 persoas:⁠

🔸 500 g de lentellas
🔸 1 vaso de arroz
🔸 3 cenorias
🔸 1/2 allo porro
🔸 2 patacas medianas
🔸 150 g de carne de porco
🔸 2 dentes de allo
🔸 AOVE
🔸 Sal, pementa, comiño e dúas follas de loureiro


Preparación:⁠

1. O primeiro que facemos é encher a metade da ola a presión con auga. A seguir, engadimos as lentellas, o arroz e as verduras cortadas en anacos. É importante que cando preparemos as patacas non as cortemos co coitelo, senón que as rompamos. Desta forma, soltarán o seu amidón durante a cocción e daralle máis consistencia ao prato.
2. Poñémolo ao lume sen pechar a ola e, mentres tanto, nunha tixola douramos os allos, o allo porro e a carne cunhas culleradas de aceite e salpementámola.
3. A continuación, incorporamos a carne ás lentellas e engadimos un pouco máis de sal, o comiño e as dúas follas de loureiro. Pechamos a ola a presión e unha vez que rompa a ferver, deixase a lume baixo 10 minutos. Cando estean listas, deixámolas repousar uns minutos e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario