Chega a Semana Santa e as torradas non poden faltar!
Ingredientes:
🔸 200 ml de leite
🔸 2 ovos
🔸 3 culleradas de café solúbel
🔸 1 barra de pan
🔸 1 cullerada de azucre
Preparación:
1. Mesturamos o leite co café e co azucre e empapamos as rebandas de pan co leite. Escoámolas e pasámolas por ovo. A seguir, fritímolas até que estean douradas. Cando estean listas, colocámolas sobre papel de cociña para que absorban o exceso de aceite e listo. Bo proveito! 😉
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!