Categorías
Peixe e marisco Semana Santa

Albóndegas de bacallau con mollo de cabaza

📝 Ingredientes para as albóndegas:⁠

🔸 500 gr de migas de bacallau
🔸 Un ovo

🔸 50 ml de leite

🔸 100 gr de pan duro

🔸 Pan relado

🔸 Sal

📝 Ingredientes para o mollo de cabaza:⁠

🔸 Media cabaza

🔸 Unha pataca

🔸 Unha cenoria

🔸 Medio porro

🔸 Dous dentes de allo

🔸Sal e pementa

👉 Preparación:⁠

  1. Para facermos as albóndegas, picamos as migas de bacallau ao noso gusto. A seguir, cortamos o pan en anacos pequenos e poñémolo a remollo no leite.
  2. Nun recipiente, batemos o ovo, engadimos o bacallau e o pan escoado. No caso de que nos quede moi líquido porque non escoamos ben o pan, engadimos unha cullerada de pan relado.
  3. Mesturamos todo e facemos boliñas. Rebozámolas e fritímolas até que fiquen douradas.
  4. Para facermos o mollo, nunha ola botamos catro culleradas de aceite e rustrimos o allo e o porro. Cando estean dourados, engadimos o resto dos ingredientes en anacos e cubrímolos de auga. Deixamos que coza todo e cando estea todo ben cocido, trituramos. Cómpre non esquecérmonos de salpementar.
  5. Unha vez teñamos feito o mollo, engadimos as albóndegas e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *