Categorías
Almorzos Merendas Sobremesas

Biscoito integral con amorodos

📝 Ingredientes:⁠

🔸 4 ovos
🔸 6 culleradas de panela

🔸 Un iogur natural

🔸 80 ml de leite

🔸 300 gr de fariña integral

🔸 Unha cullerada de esencia de vainilla (opcional)

🔸 100 ml de AOVE

🔸 Unha cunca de amorodos

🔸 Un sobre de lévedo en po

👉 Preparación:⁠

  1. Para facermos o amoado, mesturamos primeiro os ingredientes líquidos e despois incorporamos os sólidos. Por último, engadimos os amorodos en anacos e colocamos algúns por riba para decorar o biscoito.
  2. Enfornamos a 180º C durante 40 minutos aproximadamente e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *