Quiche de brócoli e tomate


Ingredientes:⁠

🔸 1 brócoli
🔸 5 tomates cereixa
🔸 6 ovos
🔸 300 ml de salsa de tomate
🔸 1 cullerada de mostaza
🔸 300 g de requeixo
🔸 3 culleradas de pesto vermello
🔸 1 paquete de masa filo
🔸 Sal e pementa


Preparación:⁠

1. Antes de máis, prequentamos o forno a 180°C.
2. O primeiro paso é facermos o recheo. Para iso, cortamos o talo do brócoli e desbotámolo, o resto relámolo ou pasámolo pola trituradora.
3. Batemos os ovos e mesturámolos coa mostaza, o requeixo, a salsa de tomate, o brócoli e salpementamos.
4. Diluímos o pesto en tres culleradas de auga e pincelamos as láminas de masa filo que iremos superpoñendo nun molde desmontábel engraxado.
5. Vertemos o noso recheo e decoramos con algún ramallete de brócoli e tomates cortados pola metade. Enfornamos a 180 °C durante 50 minutos e listo! Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario