A receita máis doada para comer peixe

Ingredientes:
🔸 Variado de peixe
🔸 1 cabaciña
🔸 ½ cabaza
🔸 1 cebola
🔸 Arroz
🔸 Sal, pementa e aceite


Preparación:⁠

  1. Nunha tixola rustrimos a cebola e cando estea lista, incorporamos a cabaciña e a cabaza en anacos pequenos e deixamos que se faga a lume baixo.
  2. Uns minutos antes de que a verdura estea completamente feita, engadimos o variado de peixe. Tapamos a tixola para que non se evaporen os líquidos, salpementamos e deixamos que se faga a lume medio.
  3. Facemos o arroz para acompañar o noso prato. Hai moitas formas de facelo. Eu bótolle tres cuncas de auga por cada cunca de arroz.
  4. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario