Tiramisú vegano

Ingredientes (4 vasos): ⁠

Base
🔸 1 paquete de galletas veganas ou 80 gr de avea
🔸 1 vaso de café

Crema:
🔸 1 terrina de queixo de castañas
🔸 ½ cunca de bebida vexetal
🔸 ⅓ cunca de aceite de coco
🔸 1 cullerada de extracto natural de vainilla
🔸 Stevia ou doutro edulcorante da vosa preferencia ao gusto

Salsa de chocolate
🔸 ½ cunca de bebida vexetal
🔸 2 onzas de chocolate negro


Preparación:⁠

1. Para facermos a base, pódense usar galletas veganas e remollalas en café ou ben facer unha base con avea. Para iso, mesturamos os flocos de avea co café e deixámolos repousar unha hora até que absorban todo o liquido.
2. Unha vez feita a base, imos coa crema. Mesturamos todos os ingredientes. É importante que a usemos axiña, xa que canto máis tempo pase, menos maleábel será.
3. Derretemos o chocolate coa bebida vexetal até conseguirmos unha especie de xarope.
4. Finalmente, para montar o noso tiramisú, facemos capas coas galletas ou coa avea, xunto coa crema e a salsa de chocolate. É importante que a última capa sexa de crema, xa que así poderemos empoar a nosa sobremesa con cacao en po e con salsa de chocolate.
5. Ñaaaam! 😉


🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario