Ingredientes (para 8 albóndegas aprox.):
🔸 4 latas de atún
🔸 1 ovo
🔸 1 cebola grande
🔸 ½ pemento vermello
🔸 3 tomates
🔸 1 dente de allo
🔸 Pan relado
🔸 1 litro de caldo de verduras
🔸 Sal, pementa e perexil
Preparación:
- Para facermos as albóndegas, mesturamos o atún co ovo, o allo picado e salpementamos. Dámoslle forma de bóla e selámolas nunha tixola cun pouco de aceite.
- Para prepararmos o mollo, rustrimos a cebola, o pemento e o tomate. Cando estean feitos, engadimos o caldo de verduras e deixamos que coza todo uns 5 minutos. Pódese engadir unha cullerada de fariña no caso de querermos o mollo máis espeso.
- A seguir, trituramos todo e engadimos as albóndegas. Deixamos que cozan uns 10 minutos e listo. Bo proveito! 😉
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!



As latas, de qué tamaño?
Eu empreguei as latas pequenas que veñen normalmente en packs de 3. 🙂