Brigadeiros

Ingredientes : ⁠
🔸 370 g de leite condensado (unha lata)
🔸 30 g de cacao en po
🔸 50 g de aceite de coco ou manteiga
🔸 Para decorar: lascas ou fideos de chocolate e coco relado


Preparación:⁠

  1. Pomos todos os ingredientes nun cazo. Quentamos a mestura e cocémola durante 10 minutos sen deixarmos de remover para que non se pegue. Saberemos que está feita cando espese.
  2. Unha vez feita a masa, vertémola sobre unha fonte con papel vexetal. Cubrímola cun pano ou papel film e deixámola arrefriar na neveira unhas 3-4 horas para que se solidifique.
  3. Cando teñamos a nosa masa sólida, será a hora de facer boliñas e rebozalas coas lascas ou fideos de chocolate e o coco relado. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiqeutarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario