Pan de brócoli


📝 Ingredientes : ⁠

🔸 1 brócoli grande
🔸 Tres ovos
🔸 150 g de queixo relado
🔸 Sal e specias (eu boteille tomiño e romeu, mais podedes usar as vosas favoritas)
🔸 Servir co mollo que máis vos guste
.⁠
👉 Preparación:⁠
.⁠

  1. Antes de máis, cortamos o brócoli en anacos pequenos e relámolo. Se non quixerdes pasar moito tempo, podedes facer trampas e usardes unha picadora.
  2. Nun recipiente amplo, mesturamos o brócoli cos ovos batidos e o queixo. Botamos sal e especias ao noso gusto.
  3. Estendemos a mestura nunha bandexa de forno e enfornamos durante 20 minutos a 180ºC.
  4. Servimos coa salsa que máis nos guste e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *