Petiscos de grelos


Ingredientes: ⁠

🔸 1 lámina de masa de follado
🔸 1 cunca de grelos xa cocidos
🔸 1 cebola mediana picada
🔸 ½ cunca de leite ou bebida vexetal
🔸 1 cullerada de maicena ou fariña de arroz
🔸 Sal, pementa e noz moscada
🔸 Queixo (eu puxen mozzarella, mais vale o que máis os guste)

Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é prequentarmos o forno a 180ºC.
  2. A seguir, cortamos a masa de follado en círculos e poñémolos nun molde redondo (eu usei o das madalenas) previamente engraxado. Para que se nos faga a masa mais non nos suba, isto é, para que nos quede espazo para o recheo, cómpre pórlle peso e unha opción é pórlle garavanzos. Enfornamos durante 20 minutos a 180ºC ou até que fique dourada a masa.
  3. Mentres, rustrimos a cebola e engadimos un pouco de leite. É mester reservarmos un pouquiño para disolvermos a maicena. Cando o leite ferva, engadimos o resto do leite que tiñamos mesturado coa maicena e remexemos enerxicamente até que espese.
  4. Cando teñamos o mollo feito, salpementamos e botámoslles as especias que máis nos gusten, como a noz moscada. Botamos os grelos, previamente cocidos e deixamos que se faga todo xunto un par de minutos.
  5. Enchemos os nosos petiscos cos grelos, botámoslle unha tallada do noso queixo favorito e enfornamos novamente até que o queixo se funda. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario