Torta invertida de mazá


Ingredientes : ⁠

🔸 100 g de fariña (eu usei integral)
🔸 Un ovo
🔸 ½ cunca de azucre
🔸 ⅓ cunca de AOVE
🔸 1 cunca de leite ou bebida vexetal
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 2 mazás peladas e cortadas en láminas
🔸 Opcional: una cullerada de esencia de vainilla

👉 Preparación:⁠

  1. Untamos de aceite un molde para biscoitos e colocamos as mazás laminadas.
  2. Nun cunco, mesturamos todos os ingredientes líquidos cos secos e, por último, botamos o lévedo.
  3. Vertemos a mestura sobre as mazás e enfornamos a 180ºC durante 35 minutos.
  4. Para sacar do molde a torta, cómpre agardarmos uns 15 minutos até que arrefríe un pouco para que se despegue con facilidade. Con axuda dun prato dámoslle a volta e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario