Donuts bombón integrais

Ingredientes (para 6 donuts):⁠

🔸 2 ovos
🔸 100 g de fariña integral
🔸 2 dátiles
🔸 1 culleradiña de lévedo en po
🔸 100 gr de chocolate negro


Preparación:⁠

  1. Para facermos o amoado, mesturamos todos os ingredientes líquidos nun recipiente xunto aos dátiles e trituramos. A seguir, incorporamos a fariña co lévedo e batemos até obtermos unha masa como a dun biscoito pero un chisco máis espera.
  2. Vertemos a masa en moldes para donuts sen enchelos de todo, xa que a masa duplicará o seu tamaño no forno.
  3. Enfornamos a 180ºC uns 10-15 minutos.
  4. Fundimos o chocolate ao baño maría e cubrimos os nosos donuts co chocolate e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Ligazón á videoreceita aquí.

3 comentarios sobre “Donuts bombón integrais”

  1. Belén Martín Franco

    Saen boísimos. A idea de poñer dátiles para edulcorar paréceme xenial. Iso si, só me deu para facer cinco nun molde de seis. Parabéns pola receita. Moi doada e asequible.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario