Albóndegas veganas de arroz e garavanzos con puré de patacas

Para celebrarmos o 1º aniversario de Media Laranxa, organizamos un concurso de receitas e estas albóndegas elaboradas por Belén Pedreño gañaron o segundo premio. Parabéns á autora por este prato! Podedes ver máis receitas súas na súa conta de Instagram.

Ingredientes
• 1/2k arroz arbóreo
• Caldo de verduras caseiro
• 1 cebola
• 200 gr de cogomelos
• 100 gr de espinacas
• ½ cabaciña
• 2 cenorias
• 200 gr garavanzos cocidos
• Sal
• Pementa
• Viño branco, un vaso
• Fariña de garavanzos
• Crema de cabaza e castañas caseira
• Patacas
• Ourego fresco
• Aceite de oliva virxe extra.
• Pirixel
• Rebentos de rabos chinos

  1. Facer un risotto co arroz e as verduras:
  2. Botar aceite nunha pota e ir facendo a cebola cortada en xuliana, a cenorias e cabaciña regladas, e os cogomelos, botar o arroz, darlle unhas voltas con culler de silicona. Poñer o viño branco, remexer e agardar que o arroz o consuma. Continuar remexendo o arroz sempre e agora ir botándolle pouco a pouco o caldo de verduras, non botar máis caldo mentres no se consume o anterior caldo botado. E así ata que o arroz estea no seu punto. Botarlle as follas de espinacas e remexer.
  3. Deixar arrefriar
  4. Facer unha crema con media cabaza, un puñado de castañas, medio porro e unha pataca, auga, sal, pementa e un chorriño de aceite de oliva. Cocer todo e pasar polo batedor ata Ter unha crema fina. Esta crema será para bañar as albódegas.
  5. Cocer patacas en auga con sal. Escorrer, botarlle un chorriño de aceite de oliva e pementa negra. Pasar polo triturador.
  6. Decorar no prato con ourego fresco.
  7. Triturar os garavanzos cocidos cun pouco de pirixel, mesturalos co risotto e facer boliñas. Rebozalas en fariña de garavanzos e fritir.
  8. E a papar!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *