Rosco de laranxa

Media Laranxa celebrou o seu primeiro aniversario cun concurso de receitas e o alumnado do IES Leiras Pulpeiro quixo participar. Unha das alumnas que dediciu tentarnos con esta apetecíbel sobremesa é Eva Díaz García.

Ingredientes:

  • 3 vasos de fariña.
  • 3 vasos de azucre.
  • 1 sobre de lévedo.
  • 1 ducia ovos.
  • ¾ dun vaso de aceite de xirasol.
  • 1 vaso e medio de zume de laranxa sen polpa.

Materiais necesarios:

  • 1 molde para o rosco.
  • 1 culler grande de madeira.
  • 2 cuncos
  • 1 batedor específico para montar as claras.

Pasos a seguir:

  1. Nun cunco, mesturamos a fariña, o azucre, o aceite e mais o lévedo.
  2. Esprememos as laranxas e engadímos o zume no cunco coa mestura anterior.
  3. Acendemos o forno a unha temperatura de 170ºC, pode variar dependendo do forno.
  4. Nos ovos, separamos xemas e claras. As claras apartámolas nun segundo cunco e as xemas incorporámolas á mestura anterior.
  5. Revolver con movementos envolventes até conseguir unha mestura homoxénea.
  6. Montar as claras a punto de neve e engadilas no cunco anterior.
  7. Seguir remexendo ata conseguir de novo outra mestura homoxénea.
  8. Metemos a preparación no molde para o rosco.
  9. Introducilo no forno durante 1 hora aproximadamente.
  10. Sacalo con coidadiño para non queimarse. Para deixar arrefriar poñémolo boca abaixo para que non se esmague.
  11. Unha vez que estea frío, que debe levar 6 ou 7 horas, sacámolo do molde cun coitelo e
    cunha escumadeira.

1 comentario sobre “Rosco de laranxa”

Deixa una resposta a Belén Martín Franco Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario