Torta de queixo á moda de Diana

Media Laranxa celebrou o seu primeiro aniversario cun concurso de receitas e o alumnado do IES Leiras Pulpeiro quixo participar. Un das cociñeiras máis novas, Diana Reija Fernández, propúxonos facer esta torta de queixo cunha pinta espectacular!

Ingredientes:

  • 6 ovos
  • 2 iogures
  • 2 vasos de fariña
  • 2 vasos de azucre
  • 2 vasos de nata líquida
  • 8 porcións de queixo tipo El Caserío
  • 1 sobre de lévedo

Nota importante: Un vaso equivale á medida do recipiente do iogur.

Preparación:

  1. Nun cunco, batemos os 6 ovos.
  2. Seguidamente botamos os iogures, o azucre, a nata, a fariña peneirada e os 8 queixiños. Batemos todos os ingredientes ata que obteñamos unha pasta sen grumos.
  3. Baleiramos o contigo do bol nunha fonte apta para o forno a unha temperatura de 180°C durante 40 minutos.
  4. Pasado ese tempo, teriamos así a nosa tarta de queixo lista para comer.

1 comentario sobre “Torta de queixo á moda de Diana”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario