Espetos de verduras e tofu


Ingredientes (8 espetos): ⁠

🔸 1 terrina de tofu
🔸 ½ cabaciña
🔸 2 cenorias
🔸 8 cogomelos
🔸 8 tomates cereixa
(Eu usei estas verduras, mais en realidade podedes cambialas polas que máis vos gusten)


Preparación:⁠

  1. Deixamos escorrer unha hora o tofu para que perda todo o líquido.
  2. Cocemos as verduras máis duras como as cenorias.
  3. Formamos os nosos espetos coa combinación que queiramos. Eu fun colocando na seguinte orde: tomate cereixa, tofu, cabaciña, tofu, cenoria, cogomelo cenoria.
  4. Untamos a nosa tixola ou a nosa grella de aceite e colocamos os nosos espetos. É importante ir dándolle voltas para que non se torren e fiquen ben feitos por todos os lados.
  5. Non nos esquezamos de salpementar e de botarlles as nosas especias favoritas. Eu púxenlles tomiño e romeu.
  6. A gozar desta delicia! Ñaaaam! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario