Roliños de canela

Ingredientes: ⁠
🔸400 gr de fariña integral
🔸5 gr de lévedo seco de panadeiro ou 15 gr de lévedo fresco
🔸 250 ml de auga morna
🔸 40 gr de AOVE
🔸 Un chisco de sal
🔸 Unha cullerada de azucre

Recheo:
🔸 2 culleradas de aceite de coco, de manteiga ou aceite de oliva, o que prefiras
🔸 3 culleradas de panela moída ou azucre, mesturado con 2 culleradas de canela en po .

👉 Preparación

  1. Mesturamos todos dos ingredientes até obtermos unha masa e deixamos repousar unha hora.
  2. Con axuda dun rolete, estiramos a masa e impregnámola con aceite de coco (ou o que escolleras). Empoámola coa mestura de azucre e canela, e facemos un rolo coa masa.
  3. Cortamos o rolo en oito partes e metémolas nun molde até que dupliquen o seu tamaño.
  4. Enfornámolos a 180º uns 25-30 min.
  5. Podes facerlle un glaseado ou pasarlle un ovo batido antes de metelo no forno para que fiquen brillantes como fixen eu.
  6. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *