Torta de requeixo

Hoxe tráiovos unha receita superdoada de facer que non vos podedes perder! Desde a cooperativa Condado Paranta, animáronme a participar no seu concurso de receitas de requeixo e, malia que non gañei (cómpre dicir que o resto de participantes fixeron uns pratos espectaculares), quixen compartir esta sobremesa con vós.

Velaquí tedes a videoreceita!

Ingredientes

  • 3 ovos
  • 500 g de requeixo
  • 200 ml de nata
  • 3 dátiles
  • 60 g de fariña
  • Amorodos para decorar

Preparación

  1. Antes de máis, cómpre poñermos a quencer o forno a 180ºC.
  2. Para facermos o amoado da nosa torta, mesturamos todos os ingredientes con axuda dun batedor até que non quede ningún bolboroto.
  3. Cando teñamos o amoado listo, vertémolo nun molde de 28cm e enfornamos a nosa torta durante 45 minutos. Cando a estea dourada, sacámola do forno e agardamos a que arrefríe un pouco antes de sacala do molde.
  4. Decoramos con amorodos ou coa froita que máis nos guste e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario