Galletas Ferrero

Hoxe tráiovos unha receita saúdabel de galletas veganas e sen glute.

Ingredientes (para oito galletas aprox.): ⁠

🔸 4 dátiles
🔸 1 cullerada de cacao
🔸 50 g de abelás
🔸 4-5 culleradas de bebida vexetal
🔸 1 culleriña de lévedo en po
🔸 Chocolate en anacos (opcional)

Preparación:⁠

  1. Botamos todos os ingredientes menos o chocolate nun recipiente e trituramos até obter unha pasta.
  2. Se quixermos botar anacos de chocolate á masa, este é o momento. Facemos bólas e esmagámolas coa palma da man para darlle forma de galleta.
  3. Enfornamos a 180°C durante uns 20 minutos e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario