Panna Cotta


📝 Ingredientes (4-6 porcións): ⁠

🔸 ½ litro de nata
🔸 200 ml de leite
🔸 100 g de azucre
🔸 1 rama de canela e a casca dun limón (opcional) ou unha culleriña de extracto de vainilla para aromatizar
🔸 1 sobre de xelatina neutra en po (10 g) ou 6 follas de xelatina neutra

👉 Preparación:⁠

  1. Fervemos a nata co azucre, a canela e o limón (ou a vainilla). Apartamos do lume cando rompa a ebulición.
  2. Quentamos o leite e disolvemos a xelatina seguindo as indicacións do paquete. Engadimos a mestura á nata e remexemos todo.
  3. Vertemos a nosa crema en moldes e deixamos arrefriar na neveira. Podemos decorar a nosa panna cotta con marmelada de framboesas, por exemplo, ou coa froita que máis nos guste.

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario