Xoubas ao forno

Ingredientes: ⁠

🔸 500 g de xoubas
🔸 250 g de patacas
🔸 3 dentes de allo
🔸 2 culleradas de vinagre
🔸 100 ml de AOVE
🔸 Sal e perexil fresco


👉 Preparación:⁠

  1. Limpamos as xoubas e cortamos as patacas á xuliana, isto é, en láminas moi finas.
  2. Collemos unha fonte apta para o forno e impregnámola de aceite. A seguir, colocamos as patacas no fondo e por riba as xoubas.
  3. Machucamos o perexil e o allo nun morteiro e engadimos o vinagre e o aceite para facer un mollo. Cando o teñamos listo, espallámolo por riba das xoubas e botamos unhas areas de sal.
  4. Enfornamos durante 30-35 min a 180ºC e unha vez listo a comeeeer! Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario