Para celebrarmos o Día das Letras Galegas fixemos esta torta tan típica do noso país.
📝 Ingredientes:
🔸 5 ovos
🔸 300 g de améndoas moídas
🔸 100 g de dátiles
🔸 Reladura de medio limón
🔸 ½ culleriña de canela
🔸 Coco relado ou azucre en po para decorar.
👉 Preparación:
- Pomos o forno a 180ºC. Mentres acada a temperatura, facemos o amoado. Para iso, batemos os ovos até branquealos.
- A seguir, facemos unha pasta de dátiles. Mesturamos os dátiles con 160 ml de auga e trituramos todo até obtermos unha pasta. Incorporámola aos ovos e batemos.
- Despois, engadimos a reladura do limón, a canela e incorporamos a améndoa moída aos poucos con movementos envolventes.
- Vertemos o amoado nunha bandexa redonda e enfornamos durante 35-40 minutos.
- Cando saquemos a torta do forno, deixamos que arrefríe antes de botarmos o coco ou o azucre. O típico, como ben sabedes, é empoar a torta con azucre en po, mais para facermos a versión máis saudábel, podemos substituílo por coco relado. Bo proveito! 😉
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!