Torta de chocolate e amorodos


Ingredientes para o biscoito de chocolate:⁠

🔸 2ovos
🔸 120 g de fariña
🔸 80 g de AOVE
🔸 40 g de cacao
🔸 3 plátanos (canto máis maduros mellor)
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 1 chisco de sal



Ingredientes para a crema, cobertura e decoración:⁠

🔸 250 ml de nata
🔸 300 g de queixo crema (tipo Philadelphia)
🔸 1 cullerada de esencia de vainilla
🔸 500 g de amorodos
🔸 Perlas de chocolate e cereixas confeitadas


👉 Preparación:⁠

1. O primeiro paso é facermos o amoado do biscoito. Para iso, esmagamos os plátanos con axuda dun garfo. A continuación, botamos o resto dos ingredientes líquidos e batemos. Por último, engadimos os sólidos.
2. Prequentamos o forno a 180ºC e enfornamos durante 30-35 minutos aproximadamente.
3. Canto o biscoito estea listo, agardamos un anaco antes de sacalo do molde e deixamos que arrefríe sobre unha bandexa de reixas.
4. Para facermos a crema, montamos a nata mesturada co queixo e a esencia de vainilla. Lembra que a nata ten que estar ben fría.
5. A seguir, cortamos o biscoito en rebandas do mesmo grosor (este é o paso máis difícil 😅). Estendemos a crema polas diferentes capas e, por último, cubrimos a torta por riba con axuda dunha manga pasteleira.
6. Para decorala, cortamos os amorodos pola metade e colocámolos como aparece na imaxe. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario