Delicioso pan de canela

Por fin vos comparto a miña receita favorita de pan de canela. 😍 Non vos podedes imaxinar o rico que está torrado cun pouco de aceite por riba.

📝 Ingredientes para o requento:

🔸 ⅓ dunha cunca de leite
🔸 10 g de lévedo de panadeiro
🔸 ¾ dunha cunca de fariña

📝 Ingredientes para a masa:

🔸 3 ovos
🔸 1 e ¾ dunha cunca de fariña
🔸 ¼ dunha cunca de azucre
🔸 1 culleradiña de sal
🔸 1 cullerada de auga
🔸 100 ml de AOVE
🔸 Canela

Preparación:

  1. Para facermos o requento, mesturamos o leite quente, coa fariña e o lévedo. Tapamos o cunco cun pano e deixamos que fermente un 45 minutos.
  2. Pasado ese tempo, engadimos o resto dos ingredientes e amasamos até obtermos unha masa compacta, pero elástica. Tapámola e deixamos repousar a masa una hora.
  3. Con axuda dun rolete, estiramos a masa e esparexemos por riba a mestura de azucre e canela, e facemos un rolo. Metémolo nun molde previamente engraxado e deixámolo levedar até que duplique o seu tamaño.
  4. Enfornamos o pan a 180ºC uns 30 minutos e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario