Pasta con salsa de brócoli

Hoxe comparto con vos unha receita para aproveitarmos todo o talo do brócoli e non tirarmos nada ao lixo. Non vos podedes imaxinar o saboroso que está este mollo.

📝 Ingredientes:

🔸 Pasta (eu usei macarróns integrais)
🔸 1 brócoli
🔸 2 dentes de allo
🔸 100 ml de AOVE
🔸 1 presada de perexil fresco
🔸 Auga da cocción do brócoli
🔸 Sal

👉 Preparación:⁠

  1. Cocemos a pasta como de costume.
  2. Cortamos o brócoli de forma que nos queden árbores pequeniñas e facemos o mesmo co talo. Cocemos todo e cando estea listo, apartamos as árbores dos talos e reservamos a auga.
  3. Nunha xerra, metemos os dous dentes de allo, o aceite, o perexil e os talos, e trituramos todo. Vainos quedar un mollo bastante espeso. Entón, imos ir incorporando a auga da cocción até obtermos o espesor desexado. Probamos o punto de sal e se for necesario, engadimos unhas areas.
  4. Mesturamos a pasta co brócoli e co mollo e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario