Arroz de coliflor

Ingredientes:

🔸 1 coliflor mediana
🔸 2 dentes de allo
🔸 1 cenoria
🔸 ½ pemento vermello
🔸 Comiño e pementa

Preparación:⁠

  1. Relamos a cebola e o allo e facemos un rustrido. A seguir, engadimos a coliflor relada e remexemos até que se doure. Por último, incorporamos a cenoria, o pemento, o comiño, a pementa e o sal, e deixamos que se torre un pouco.
  2. Para conseguirmos a textura de arroz, engadímoslle dous culleróns de auga e poñémoslle o testo á tixola e deixamos que se faga uns minutos.
  3. Podemos acompañar o arróz con zorza vegana. Tedes a videoreceita na nosa canle de Youtube. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario